lunes, 30 de marzo de 2009

VACACIONS DE SEMANA SANTA

Dende o domingo día 5 ata o domingo día 12 de abril...

NON
HABERÁ ADESTRAMENTOS
NIN PARTIDOS


O sábado 4 haberá adestramento-partido (voluntario) no Pav. Illa Verde [ALV e BNX], ás 12:00.
O equipo SENIOR xogará ese mesmo sábado 4,ás 22:00 no Pav. do Palomar a volta da eliminatoria de copa vs. Tapería Andrea.

O luns 13 de abril comenzaremos os adestramentos en horario normal.

BOAS VACACIÓNS A TODOS/AS
... E A DESFRUTAR DO MERECIDO DESCANSO!!!

domingo, 29 de marzo de 2009

Resultados Xornada do 25 ao 28 de Marzo

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 2 - 6 AZKAR TERRA
Mércores 25/03/09, Pav. Terra (O Ceao), 18:00h
Partido moi traballado polo equipo alevín, no que se notou certa milloría no xogo, ante o forte equipo rival e virtual subcampión local.
Os erros foron mínimos e demos a cara en todo o partido, cunha colocación e gañas dignas de apreciar.
Destacar o bon facer dos benxamíns participantes e por suposto o noso salvador JANO que fai que nos sintamos seguros na parte defensiva.
Bo traballo de todos e ... a seguir mellorando!!
GOLES: Nando e Juanjo

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 3 - 4 ILLA VERDE
Venres 27/03/09, Pav. Paradai, 19:00h
Impresionante partido o disputado na tarde do venres; loitamos, xogamos ben, defendemos ben, tivemos moi poucos erros, estivemos metidos no partido todos e cada un dos que saimos ao campo.....soamente faltou a victoria no marcador para que fora perfecto, pero todo o equipo merece a noraboa polo partido completísimo que se xogou ante un equipo moi técnico ao que soubemos plantarlle cara.
Destacar a GUILLERMO e a súa loita e milloría día a día e... polo seu primeiro gol que marcou!!
Tamén citar aos benxamíns e o desparpaxo e atrevemento que amosaron denotando que imos millorando a bo paso.
En xeral todos fixemos un moi bon encontro.
Goles: Guillermo, Nando e Juanjo

LUMIEIRA LUGO SENIOR 7 - 2 TAPERÍA ANDREA
Sábado 28/03/09, Pav. Palomar, 22:00h (COPA-IDA)
Partido moi completo de todos os xogadores, cun bo ritmo de xogo e cunha ambición e un incorformismo importantisimo para seguir mellorando.
O partido foi sempre de cara e xa na primeira parte gañabamos 5-0; na segunda mitade nos relaxamos un chisco, e quizais inconscientemente nos reservamos para o crucial partido do luns contra este mesmo equipo, no derradeiro partido de liga, loitando por acadar o 3ºposto que nos dea posibilidade do ASCENSO na posible promoción. Animo a todos!
Goles: Diego(3), Dani Retamar(2), Pernas e Kevin

LUMIEIRA LUGO SENIOR 3 - 0 TAPERÍA ANDREA
Luns 30/03/09, Pav. Palomar, 21:00 (LIGA)
Partido gañado e non disputado pola incomparecencia do equipo rival, que sen avisar deunos plantón facendo que gañaramos irremediablemente(algo en verdade non moi agradable) o derradeiro encontro da liga regular sen disputarse polo tanteador simbolico e regulamentario de 3-0.
Con este resultado clasificamonos en 3º lugar, provisionalmente, e obtemos matematicamente(iso sí) a clasificación para a promoción de ascenso.
Noraboa a todos polo traballo.

LUMIEIRA LUGO SENIOR 7 - 1 TAPERÍA ANDREA
Sábado 04/04/09, Pav. Palomar, 22:00 (COPA -VOLTA)
Partido soso, no que nos deixamos contaxiar polo ritmo pachangueiro do equipo rival. O positivo foi que pasamos a seguinte eliminatoria sen maiores atrancos.
Goles: Diego(2), Rubén(2), Torito(2), Dani R.

lunes, 23 de marzo de 2009

HORARIOS desta SEMANA (25 a 28 de Marzo)

LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN**
Sábado 28/03/2009, Pav. Illa Verde,12:00h
PARTIDO - ADESTRAMENTO

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN**
Mércores 25/03/2009, Pav. Terra (O Ceao), 18:00h
Vs. Azkar Terra

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN**
Venres 27 /03 / 2009, Pav. Paradai, 19:00h
Vs. Illa Verde

LUMIEIRA LUGO SENIOR**
Sábado 28/03/2009, Pav. Palomar, 22:00h
Vs.Tapería Andrea (COPA)

**VER CONVOVATORIAS EN BARRA LATERAL

lunes, 16 de marzo de 2009

NON ACTIVIDADE NA PONTE DO DÍA DO PAI

Dende o xoves día 19 de Marzo ata o domingo 22 de Marzo (ambolos días incluidos)
NON HABERÁ ADESTRAMENTOS NIN COMPETICIÓN
comezando os adestramentos o luns 23 de Marzo en horario habitual.
¡¡FELICIDADES a todos os PAIS e a todos os "JOSÉ"!!
... e a desfrutar "a tope"desta ponte festiva.

Resultados XORNADA 13,14 e 15 de MARZO ... e "Corre con Nós"

LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 4 - 3 FRANCISCANOS "A"
Sábado 14/03/2009, 12:00, Pav. Municipal
Encontro de máis a menos; na primeira parte dominamos con claridade e mantivemos o ritmo de xogo alto e moi concentrados...pero...na segunda nos relaxamos demasiado e a piques estivo o loitador equipo rival de sorprendernos e remontar. Hai que estar moi atentos a esos baixones(xa acontecidos contra MªAuxiliadora)e manter a concentración todo o partido nos vindeiros encontros do Campionato Provincial (ao que xa estamos clasificados matematicamente) e no que ao ser eliminatoria, un erro ou baixón marcará o seguir ou non seguir na competición.
Goles: DAVID, IVÁN, ADRIÁN(2)
LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 2 - 1 Mª AUXILIADORA "A"
Mércores 18/03/2009, Pav. Infanta Elena (Casa do Deporte)
Partido aciago de todo o equipo(adestrador incluido) no que non merecemos gañar e no que faltounos tranquilidade e sobraronos imprecisións. O loitador equipo rival mereceu máis. Hai moito que millorar e traballar de cara ós seguintes encontros. Semella que xogar pola semana non nos senta nada ben. Como algo positivo nomear o esforzo e ilusión de Iván por vir xogar, ainda que estaba bastante débil ao estar na cama ata onte por enfermidade.Tamén alabar a concentración defensiva que fai que a lo menos non lle sexa facil os rivais marcarnos gol.
Goles: JACOBO, DAVID

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 1 - 10 AZKAR PRONE
Mércores 18/03/2009, 18:00; Pav. Terra(O Ceao)
Partido moi loitado por todos os xogadores, contra un rival moi difícil e máis forte, ao que ainda porriba demoslle algún que outro "agasallo". En liñas xerais partido para seguir aprendendo, millorando e curtindose, no que a loita, ilusión e disciplina nunca faltaron, algo de alabar en todolos membros do equipo. Noraboa pola actitude!
Goles:NANDO

LUMIEIRA LUGO SENIOR 6 - 2 KARELY
Venres 13/03/2009, 21:00, Pav. Palomar
Partido moi, moi serio (sobre todo defensivamente) ante o moi bon equipo rival e virtual Subcampión da categoría. Con rachas de moi bon futbol sala (por ambalas partes), sempre soubemos manter o control de xogo e non nos vimos sorprendidos en ningun momento cunha orde defensiva notable. Boa definición arriba.
Goles:DANI F.(2), RUBÉN, MANOLO(3)

LUMIEIRA LUGO SENIOR 3 - 2 TALLERES VILABOA
Sábado 14/03/2009, 22:00, Pav. Palomar
Continuación da boa racha de xogo e resultados, nun partido no que sempre fumos (inxustamente) perdendo e que con calma e sen perder en ningún momento a paciencia soubemos remontar nos derradeiros 10 minutos; A falta de definión e o traballo do porteiro rival foi o que marcou o ter que ir a remolque todo o encontro, pero mantendo a seriedade defensiva e xogando o balon sen dar opcións aos contrataques do rápido equipo rival tivemos a recompensa merecida.
Goles:DANI F., DIEGO(2)

LUMIEIRA LUGO SENIOR 2 - 3 CATRO AMIGOS
Luns 16/03/2009, 21:00, Pav. Palomar
Partido aciago de todo o equipo, que ainda que inteutou incansablemente buscar a porteria rival e loitou ata a estenueción, non conseguiu continuar coa seira de victorias; contaxiamonos do xogo racano e soso do equipo rival, que baseou todo o seu xogo na sua unica cualidade, a veteranía, que lles valeu para cortar os intentos do noso xogo e levarnos ao seu terreo, un "correcalles" no que eles sairon gañando. Noraboa polo traballo a todos e animo!
Goles: TORITO, MANOLO

-----------------------------------------------------------------------

Na proba do "CORRE CON NÓS" que se disputou na estrada do RÍO RATO o sábado 14 de marzo pola tarde estivemos moi ben representados polos compañeiros:
na CATEGORÍA A
- JACOBO - SAMUEL MONÍN - ADRIÁN R. - MARCOS -
na CATEGORÍA B
- PABLO JUL - JUANJO TRASEIRA
¡¡Noraboa a todos os participante polas gañas e polo esforzo!! noutra exitosa carreira do circuito "Corre con Nós"
Animar dende aquí ao resto de membros da ADC LUMIEIRA LUGO, a participar nas seguintes ediccións do círcuito e desfrutar...correndo!

miércoles, 11 de marzo de 2009

O SÁBADO 14 de MARZO : "CORRE CON NÓS"

Recordade que este Sábado 14 de Marzo temos carreira do "Corre con Nós".

A competición será na ESTRADA DO RÍO RATO
Categoría A (nados do 2000 ao 2004).....17:00h
Categoría B (nados do 1999 ao 1997).......17:10h. (máis ou menos)

O quecemento empezarémolo nas inmediacións da Saída (cruce da N-VI e a estrada do Río Rato) as 16:30h.

Lembrade levar o dorsal.

Boa sorte a todos e agardemos ir o maior número de xogadores da A.D.C.LUMIEIRA LUGO

domingo, 8 de marzo de 2009

HORARIOS Xornada (13 e 14 / MARZO / 2009)

-------EQUIPO BENXAMÍN ---------
Sábado 14 / 03 / 2009, 12:00 h. **
Pavillón Municipal
Vs. Franciscanos "A"
-------EQUIPO ALEVÍN -----------
Mércores 18 / 03 / 2009, 18:00 h. **
Polideportivo Terra ( O Ceao )
Vs. Azkar Prone
-------EQUIPO SENIOR -------------
Venres 13 /03 / 2009, 21:00 h. **
Pavillon do Palomar
Vs. Karely Mascotas
+
Sábado 14 /03 /2009, 23:00h.**
Pavillón do Palomar
Vs. Talleres Vilaboa

**Ver Convovatoria na Barra Lateral

RESULTADOS Xornada do 7/Marzo/2009

A.D.C. LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 2 - 2 Mª AUXILIADORA "A"
Mércores, 11/03/2009, 19:00 h, Pav. Inf. Elena (Casa do Deporte)
Partido flouxo. Ainda que empezamos gañando, non soubemos definir as ocasións claras que tivemos e o constante e ben colocado equipo rival aproveitou as ocasións que tivo, e incluso poido adiantarse de non ser polo noso porteiro. O traballo defensivo foi bo, pero necesitamos máis concentración en todos. Nos seguintes adestramentos e partidos agardemos estar máis atinados e concetrados para seguir mellorando.
Goles: DAVID, PABLO VIÑA

A.D.C. LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 1 - 6 C.P. CASÁS
Sábado, 07/03/2009, 10:00 h, Pav. Menendez Pelaio

Partido moi loitado por todo o equipo, no que aínda que comenzamos gañando, o forte equipo rival fixo valer a súa superioridade física para levarse un partido no que nunca nos demos por vencidos. Noraboa pola actitude de todos os xogadores, e animo para seguir traballando na mellora ante os partidos complicados que se aveciñan, nos que o resultado será o menos importante, sendo o fundamental a actitude e esforzo.
Goles: GERMÁN

A.D.C. LUMIEIRA LUGO SENIOR 3 - 1 RADIO RECORD
Sábado, 07/03/2009, 22:00 h, Pav. Palomar

Partido tranquilo e pese ao curto do resultado, merecimos máis goles no noso tanteador. O peso e dominio do partido foron fundamentalmente nosos e a boa concentración grupal (sobre todo defensiva) fixo que o partido non se fora das nosas mans en ningún momento, dando nulas posibilidades ao habilidoso equipo rival
Goles: RUBÉN, TORITO, MANOLO

domingo, 1 de marzo de 2009

HORARIOS Próx. Xornada (Sábado 7 / MARZO / 2009)

¡¡Atención!!
¡¡CAMBIO EN PARTIDO BENXAMÍN!!
66666
-Equipo BENXAMÍN
Mércores 11/ MARZO / 2009, Pav. Casa do Deporte(Inf. Elena),
19:00 a.m
. **
Vs. Mª Auxiliadora "A"

- Equipo ALEVÍN
Sábado 7 / MARZO / 2009, Pav. de Menendez Pelaio,
10:00 a.m.**
Vs. C.P. Casás

- Equipo SENIOR
Sábado 7 / MARZO / 2009, Pav. do Palomar,
22:00 **
Vs. Radio Record
**Ver CONVOCATORIAS na Barra Lateral

RESULTADOS dos encontros do 27 e 28 de febreiro

Este fin de semana estivo marcado polos resultados positivos, continuando o traballo de millora dos tres equipos:

LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 5 - 2 AZKAR PRONE
(Sábado 28/02/2009, 11:00 a.m., Pav. da Piringalla) Grupo 1A
Partido moi serio de todos os seus integrantes ante un digno rival; marcamos o ritmo de partido e pese a erros puntuais nosos( a seguir traballando), non pasamos apuros atrás; continua a xeira de victorias, ainda que queda moito traballo e non se pode confiar ninguén.
Goles: IVÁN, CARLOS e DAVID (3)
------------------------------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 2 - 2 ALBEIROS
(Sábado 28/02/2009, 10:00 a.m., Pav. da Piringalla) Grupo 1A
Partido moi traballado ante un equipo moi habilidoso e campión do outro grupo na primeira fase; mantivemos as opcións de victoria en todo momento, pero nos faltou tino de cara a gol. Boa actuacións de todos en xeral e en especial do Porteiro Jano, que salvou en varias ocasións a nosa portería de goles clarisimos.
Goles: YAGO (Benxamín), JUANJO
--------------------------------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO SENIOR 4 - 0 AVECUS F.S
(Venres 27/02/2009, 22:00, Pav. do Palomar) 2ª Div. Local.
Partido fántastico do equipo dos maiores que venceu con claridade ao líder da competición, que chegaba invicto ao encontro; encontro no que solo houbo un equipo no terreo de xogo, o noso, superando con claridade en todos os ambitos do xogo ao bon tecnicamente equipo rival, pero que se veu sorprendido pola concentración en todos os intres de xogo do noso equipo.
Goles: DIEGO, ÓSCAR, MANOLO(2)