lunes, 16 de marzo de 2009

Resultados XORNADA 13,14 e 15 de MARZO ... e "Corre con Nós"

LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 4 - 3 FRANCISCANOS "A"
Sábado 14/03/2009, 12:00, Pav. Municipal
Encontro de máis a menos; na primeira parte dominamos con claridade e mantivemos o ritmo de xogo alto e moi concentrados...pero...na segunda nos relaxamos demasiado e a piques estivo o loitador equipo rival de sorprendernos e remontar. Hai que estar moi atentos a esos baixones(xa acontecidos contra MªAuxiliadora)e manter a concentración todo o partido nos vindeiros encontros do Campionato Provincial (ao que xa estamos clasificados matematicamente) e no que ao ser eliminatoria, un erro ou baixón marcará o seguir ou non seguir na competición.
Goles: DAVID, IVÁN, ADRIÁN(2)
LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 2 - 1 Mª AUXILIADORA "A"
Mércores 18/03/2009, Pav. Infanta Elena (Casa do Deporte)
Partido aciago de todo o equipo(adestrador incluido) no que non merecemos gañar e no que faltounos tranquilidade e sobraronos imprecisións. O loitador equipo rival mereceu máis. Hai moito que millorar e traballar de cara ós seguintes encontros. Semella que xogar pola semana non nos senta nada ben. Como algo positivo nomear o esforzo e ilusión de Iván por vir xogar, ainda que estaba bastante débil ao estar na cama ata onte por enfermidade.Tamén alabar a concentración defensiva que fai que a lo menos non lle sexa facil os rivais marcarnos gol.
Goles: JACOBO, DAVID

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 1 - 10 AZKAR PRONE
Mércores 18/03/2009, 18:00; Pav. Terra(O Ceao)
Partido moi loitado por todos os xogadores, contra un rival moi difícil e máis forte, ao que ainda porriba demoslle algún que outro "agasallo". En liñas xerais partido para seguir aprendendo, millorando e curtindose, no que a loita, ilusión e disciplina nunca faltaron, algo de alabar en todolos membros do equipo. Noraboa pola actitude!
Goles:NANDO

LUMIEIRA LUGO SENIOR 6 - 2 KARELY
Venres 13/03/2009, 21:00, Pav. Palomar
Partido moi, moi serio (sobre todo defensivamente) ante o moi bon equipo rival e virtual Subcampión da categoría. Con rachas de moi bon futbol sala (por ambalas partes), sempre soubemos manter o control de xogo e non nos vimos sorprendidos en ningun momento cunha orde defensiva notable. Boa definición arriba.
Goles:DANI F.(2), RUBÉN, MANOLO(3)

LUMIEIRA LUGO SENIOR 3 - 2 TALLERES VILABOA
Sábado 14/03/2009, 22:00, Pav. Palomar
Continuación da boa racha de xogo e resultados, nun partido no que sempre fumos (inxustamente) perdendo e que con calma e sen perder en ningún momento a paciencia soubemos remontar nos derradeiros 10 minutos; A falta de definión e o traballo do porteiro rival foi o que marcou o ter que ir a remolque todo o encontro, pero mantendo a seriedade defensiva e xogando o balon sen dar opcións aos contrataques do rápido equipo rival tivemos a recompensa merecida.
Goles:DANI F., DIEGO(2)

LUMIEIRA LUGO SENIOR 2 - 3 CATRO AMIGOS
Luns 16/03/2009, 21:00, Pav. Palomar
Partido aciago de todo o equipo, que ainda que inteutou incansablemente buscar a porteria rival e loitou ata a estenueción, non conseguiu continuar coa seira de victorias; contaxiamonos do xogo racano e soso do equipo rival, que baseou todo o seu xogo na sua unica cualidade, a veteranía, que lles valeu para cortar os intentos do noso xogo e levarnos ao seu terreo, un "correcalles" no que eles sairon gañando. Noraboa polo traballo a todos e animo!
Goles: TORITO, MANOLO

-----------------------------------------------------------------------

Na proba do "CORRE CON NÓS" que se disputou na estrada do RÍO RATO o sábado 14 de marzo pola tarde estivemos moi ben representados polos compañeiros:
na CATEGORÍA A
- JACOBO - SAMUEL MONÍN - ADRIÁN R. - MARCOS -
na CATEGORÍA B
- PABLO JUL - JUANJO TRASEIRA
¡¡Noraboa a todos os participante polas gañas e polo esforzo!! noutra exitosa carreira do circuito "Corre con Nós"
Animar dende aquí ao resto de membros da ADC LUMIEIRA LUGO, a participar nas seguintes ediccións do círcuito e desfrutar...correndo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario