miércoles, 25 de febrero de 2009

VOLTA ÓS ADESTRAMENTOS E COMPETICIÓN FIN DE SEMANA 27-28 FEBREIRO

Unha vez rematado o ENTROIDO e enterrada a sardiña, comezamos os adestramentos o Xoves 26 (Benxamíns e Senior) e o Venres 27 (Alevíns) nos horarios habituais.

Ademáis xa temos os horarios dos ENCONTROS
de este finde semana do 27 e 28 de Febreiro:

- Equipo BENXAMÍN: Sábado 28 de Febreiro,
Pavillón Piringalla, 11:00 a.m. **
Vs. Azkar Prone

- Equipo ALEVÍN: Sábado 28 de Febreiro,
Pavillón da Piringalla, 10:00 a.m. **
Vs. Albeiros

- Equipo SENIOR: Venres 27 de Febreiro,
Pavillón do Palomar, 22:00 **
Vs. Avecus F.S.

(**Ver Convovatorias na Barra Lateral)

Boa sorte a todos!!

lunes, 16 de febrero de 2009

VACACIÓNS DE ENTROIDO

DEBIDO A CELEBRACIÓN DA FESTA DO ENTROIDO
A PARTIR DO VENRES 20 DE FEBREIRO **
ATA
O MÉRCORES 25 DE FEBREIRO
NON HABERÁ ADESTRAMENTOS NIN ENCONTROS
A PÁSALO BEN TOD@S !!
**Os integrantes do equipo alevín poderán vir
ao adestramento benxamín
do xoves 19 de febreiro ás 18:00,
xa que o Venres 20 debido ás festas de disfraces
NON HABERÁ ADESTRAMENTO

RESULTADOS FIN DE SEMANA 14-15 FEBREIRO

LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 3 - 2 FRANCISCANOS "A"
(Sábado 14/02/2009, 10:00 a.m. , Pav. A Piringalla)Grupo 1A
Con este resultado, o equipo segue invicto e coas opcións intactas para clasificarse para o campionato provincial.
Bo partido de todos os xogadores, con erros propios (a correxir) que lle deron ventaxa ao bo equipo rival, nun partido no que levamos en todo momento o peso do encontro, con fases de bo xogo, e cunha concentración e loita digna. Noraboa a todos!!

Goles: ADRIÁN, YAGO e DARÍO.
-------------------------------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 2 - 8 AZKAR TERRA
(Sábado 14/02/2009, 13:00 , Pav. A Piringalla) AMIGABLE
Encontro amigable, no que o equipo deu sinais de seguir mellorando ante un equipo rival máis forte. Bo traballo de todos (aínda que millorable), cunha mención especial aos xogadores benxamíns e a súa boa disposición. Moi boa a nosa segunda parte na que o tanteo foi de 2-3, deixando clara a nosa continua milloría e as gañas de traballar, ese é o camiño para seguir aprendendo.
Goles: DAVID e PABLO V.
---------------------------------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO SENIOR 7 - 5 ASOCIACIÓN GITANA LUGO
(Sábado 14/02/2009, 18:00, Pav. A Piringalla) AMIGABLE
Encontro amigable para seguir traballando na mellora das últimas semanas; aínda que cun ritmo bastante baixo de xogo debido as características amistosas do encontro, houbo boa actitude de traballo e concentración por parte de todos.
Goles: DIEGO(2), DANI F., TORITO, KEVIN, MANOLO e PERNAS.
--------------------------------------------------------------------
CORRE CON NÓS
4ª Carreira: Estrada de Ombreiro
Domingo, 15/02/2009, 12:00
Participación espectacular dos 11 corredores da A.D.C.LUMIEIRA LUGO que viñeron a desfrutar correndo na soleada mañá do Domingo.
Na Categoría A participaron :
SAMUEL M., ADRIÁN, JACOBO[+Patricia] e IVÁN
Na Categoría B participaron:
DAVID, PABLO J, PABLO V., GERMÁN, JUANJO e JANO
Na Categoría G participou:
CHOURY
Noraboa a todos os partipantes pola carreira feita, na que o esforzo foi total.
Noraboa especial a JACOBO pola victoria acadada na Categ. A.
Nas próximas datas poderemos ver as clasificacións e tempos na páxina web da organización:

viernes, 13 de febrero de 2009

ESTE DOMINGO CARREIRA DO CORRE CON NÓS

Este Domingo, día 14 de febreiro, temos Carreira do CORRE CON NÓS , lembrade que o que queira vir, estaremos ás 11:30 diante de "OS ROBLES" para facer o quecemento.

A carreira de os de 3º é ás 12:00

A carreira de os de 4º e 5º é ás 12:10 (máis ou menos)

O resto da información xa vola comuniquei no folleto que vos entreguei, e para máis información sobre a carreira e o circuito CORRE CON NÓS, lembrade, podedes ir a páxina seguinte:

SORTE A TODOS ... e a disfrutar correndo!!!

martes, 10 de febrero de 2009

...a desfutar ollando isto

Benvid@s tod@s ao blog de LUMIEIRA


¡¡¡Benvid@s a tod@s ao espacio
da A.D.C. LUMIEIRA LUGO!!!
...espacio onde intentaremos reflexar e intercambiar entre tod@s @s que formamos LUMIEIRA o traballo, as ilusións e a información sobre todo o que atinxe ó clube e aos seus participantes.

Boa sorte a tod@s e como dí unha frase de Castelao:

"O VERDADEIRO HEROISMO ESTÁ EN TRANSFORMAR OS DESEXOS EN REALIDADE E AS IDEAS EN FEITOS"