domingo, 1 de marzo de 2009

RESULTADOS dos encontros do 27 e 28 de febreiro

Este fin de semana estivo marcado polos resultados positivos, continuando o traballo de millora dos tres equipos:

LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 5 - 2 AZKAR PRONE
(Sábado 28/02/2009, 11:00 a.m., Pav. da Piringalla) Grupo 1A
Partido moi serio de todos os seus integrantes ante un digno rival; marcamos o ritmo de partido e pese a erros puntuais nosos( a seguir traballando), non pasamos apuros atrás; continua a xeira de victorias, ainda que queda moito traballo e non se pode confiar ninguén.
Goles: IVÁN, CARLOS e DAVID (3)
------------------------------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 2 - 2 ALBEIROS
(Sábado 28/02/2009, 10:00 a.m., Pav. da Piringalla) Grupo 1A
Partido moi traballado ante un equipo moi habilidoso e campión do outro grupo na primeira fase; mantivemos as opcións de victoria en todo momento, pero nos faltou tino de cara a gol. Boa actuacións de todos en xeral e en especial do Porteiro Jano, que salvou en varias ocasións a nosa portería de goles clarisimos.
Goles: YAGO (Benxamín), JUANJO
--------------------------------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO SENIOR 4 - 0 AVECUS F.S
(Venres 27/02/2009, 22:00, Pav. do Palomar) 2ª Div. Local.
Partido fántastico do equipo dos maiores que venceu con claridade ao líder da competición, que chegaba invicto ao encontro; encontro no que solo houbo un equipo no terreo de xogo, o noso, superando con claridade en todos os ambitos do xogo ao bon tecnicamente equipo rival, pero que se veu sorprendido pola concentración en todos os intres de xogo do noso equipo.
Goles: DIEGO, ÓSCAR, MANOLO(2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario