domingo, 29 de marzo de 2009

Resultados Xornada do 25 ao 28 de Marzo

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 2 - 6 AZKAR TERRA
Mércores 25/03/09, Pav. Terra (O Ceao), 18:00h
Partido moi traballado polo equipo alevín, no que se notou certa milloría no xogo, ante o forte equipo rival e virtual subcampión local.
Os erros foron mínimos e demos a cara en todo o partido, cunha colocación e gañas dignas de apreciar.
Destacar o bon facer dos benxamíns participantes e por suposto o noso salvador JANO que fai que nos sintamos seguros na parte defensiva.
Bo traballo de todos e ... a seguir mellorando!!
GOLES: Nando e Juanjo

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 3 - 4 ILLA VERDE
Venres 27/03/09, Pav. Paradai, 19:00h
Impresionante partido o disputado na tarde do venres; loitamos, xogamos ben, defendemos ben, tivemos moi poucos erros, estivemos metidos no partido todos e cada un dos que saimos ao campo.....soamente faltou a victoria no marcador para que fora perfecto, pero todo o equipo merece a noraboa polo partido completísimo que se xogou ante un equipo moi técnico ao que soubemos plantarlle cara.
Destacar a GUILLERMO e a súa loita e milloría día a día e... polo seu primeiro gol que marcou!!
Tamén citar aos benxamíns e o desparpaxo e atrevemento que amosaron denotando que imos millorando a bo paso.
En xeral todos fixemos un moi bon encontro.
Goles: Guillermo, Nando e Juanjo

LUMIEIRA LUGO SENIOR 7 - 2 TAPERÍA ANDREA
Sábado 28/03/09, Pav. Palomar, 22:00h (COPA-IDA)
Partido moi completo de todos os xogadores, cun bo ritmo de xogo e cunha ambición e un incorformismo importantisimo para seguir mellorando.
O partido foi sempre de cara e xa na primeira parte gañabamos 5-0; na segunda mitade nos relaxamos un chisco, e quizais inconscientemente nos reservamos para o crucial partido do luns contra este mesmo equipo, no derradeiro partido de liga, loitando por acadar o 3ºposto que nos dea posibilidade do ASCENSO na posible promoción. Animo a todos!
Goles: Diego(3), Dani Retamar(2), Pernas e Kevin

LUMIEIRA LUGO SENIOR 3 - 0 TAPERÍA ANDREA
Luns 30/03/09, Pav. Palomar, 21:00 (LIGA)
Partido gañado e non disputado pola incomparecencia do equipo rival, que sen avisar deunos plantón facendo que gañaramos irremediablemente(algo en verdade non moi agradable) o derradeiro encontro da liga regular sen disputarse polo tanteador simbolico e regulamentario de 3-0.
Con este resultado clasificamonos en 3º lugar, provisionalmente, e obtemos matematicamente(iso sí) a clasificación para a promoción de ascenso.
Noraboa a todos polo traballo.

LUMIEIRA LUGO SENIOR 7 - 1 TAPERÍA ANDREA
Sábado 04/04/09, Pav. Palomar, 22:00 (COPA -VOLTA)
Partido soso, no que nos deixamos contaxiar polo ritmo pachangueiro do equipo rival. O positivo foi que pasamos a seguinte eliminatoria sen maiores atrancos.
Goles: Diego(2), Rubén(2), Torito(2), Dani R.

No hay comentarios:

Publicar un comentario