domingo, 8 de marzo de 2009

RESULTADOS Xornada do 7/Marzo/2009

A.D.C. LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 2 - 2 Mª AUXILIADORA "A"
Mércores, 11/03/2009, 19:00 h, Pav. Inf. Elena (Casa do Deporte)
Partido flouxo. Ainda que empezamos gañando, non soubemos definir as ocasións claras que tivemos e o constante e ben colocado equipo rival aproveitou as ocasións que tivo, e incluso poido adiantarse de non ser polo noso porteiro. O traballo defensivo foi bo, pero necesitamos máis concentración en todos. Nos seguintes adestramentos e partidos agardemos estar máis atinados e concetrados para seguir mellorando.
Goles: DAVID, PABLO VIÑA

A.D.C. LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 1 - 6 C.P. CASÁS
Sábado, 07/03/2009, 10:00 h, Pav. Menendez Pelaio

Partido moi loitado por todo o equipo, no que aínda que comenzamos gañando, o forte equipo rival fixo valer a súa superioridade física para levarse un partido no que nunca nos demos por vencidos. Noraboa pola actitude de todos os xogadores, e animo para seguir traballando na mellora ante os partidos complicados que se aveciñan, nos que o resultado será o menos importante, sendo o fundamental a actitude e esforzo.
Goles: GERMÁN

A.D.C. LUMIEIRA LUGO SENIOR 3 - 1 RADIO RECORD
Sábado, 07/03/2009, 22:00 h, Pav. Palomar

Partido tranquilo e pese ao curto do resultado, merecimos máis goles no noso tanteador. O peso e dominio do partido foron fundamentalmente nosos e a boa concentración grupal (sobre todo defensiva) fixo que o partido non se fora das nosas mans en ningún momento, dando nulas posibilidades ao habilidoso equipo rival
Goles: RUBÉN, TORITO, MANOLO

No hay comentarios:

Publicar un comentario