miércoles, 13 de mayo de 2009

¡ ¡ A SEGUIR DISFRUTANDO ! !

Este fin de semana o equipo BENXAMIN da ADC LUMIEIRA LUGO xogaremos o CAMPIONATO GALEGO de FUTBOL SALA en Santiago de Compostela.
O equipo viaxa con todas a ilusión e gañas de seguir mellorando e aprendendo, co compromiso e coa tranquilidade do traballo ben feito e coa seguridade de dar todo o que temos dentro para seguir disfrutando!!
...moito ánimo a todos! ...e sorte!!
A semifinal é o sábado 16/05/09, ás 18:30h no Pavillón do Restollal contra o representante de Ourense, VERIN F.S.
A outra semifinal enfronta o representante de Pontevedra, AMOR DE DIOS(de Vigo), contra o representante de A Coruña, O PARRULO (de Ferrol).
Se conseguimos a victoria quedaríamos a cear, durmir e almorzar todos xuntos (xogadores e técnicos)nun hotel da cidade (cortesía da Federación Galega de Futbol Sala) e xogaríase a final o día seguinte ás 11:30h no mesmo pavillón.

Dende aquí agradecer a afición o apoio incondicional e imprescindible...
...Gracias!!!
...e a seguir desfrutando!!!
-----------------------------------------------
O equipo ALEVÍN e o SENIOR non teñen
NIN ADESTRAMENTOS
NIN COMPETICIÓN
este fin de semana do 16 e 17 de maio'09

domingo, 10 de mayo de 2009

RESULTADOS FIN DE SEMANA (7 a 9 de MAIO)

LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 3 - 4 MªAUXILIADORA(ALEVÍN)
Partido Amigable; Pavillón da Piringalla.
Sábado 09/05/09, 17:00h
Partido preparatorio moi completo, contra un bo equipo rival e aínda por riba de maior categoría; sensacións moi positivas de cara a seguir millorando e correxir erros, cunha actitude de concentración e esforzo de todo o equipo.
Goles: DAVID(2) e ADRIÁN
---------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 0 - 7 MªAUXILIADORA(INFANTIL)
Partido Amigable; Pavillón da Piringalla.
Sábado 09/05/09, 18:00h
Partido excepcional o xogado polo equipo alevín contra un rival de categoría moi superior e que nos veu moi ben para esforzarnos un pouco máis para seguir no camiño da mellora e do progreso. Excepcional o traballo en equipo, destacando todos en xeral e o bon facer dos xogadores benxamíns(e o seu desparpaxo) e o noso porteiro Jano en particular.
---------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO SENIOR 2 - 4 BAR SAXO
Partido COPA (VOLTA)
(IDA)=2-2 //Eliminatoria = 4-6
Xoves 07/05/2009
Pav. do Palomar, 21:00h
Partido xogado outra vez de "tú a tú" ante un equipo rival de moita experiencia; empezamos un pouco durmidos e cun 0-2 nos 4 primeiros minutos tivemos que xogar a remolque todo o partido; ainda sí soubemos traballar en equipo, facendonos os donos do encontro e aínda marcandonos un gol en propia porta chegamos a poñernos a 2-3 nos derradeiros 5 minutos, pero non poido ser; ainda sí foi encomiable o traballo e o derroche de gañas de todos, non só neste partido senon durante toda a tempada. Noraboa a todos!! E a seguir traballando para non parar de crecer.
Goles: DIEGO e RUBÉN

jueves, 7 de mayo de 2009

ENCONTROS e ADESTRAMENTOS 7-9 MAIO'09

Este xoves, 07/05/2009, no Polideportivo do Palomar ás 21:00h,contra BAR SAXO(Div. de Honra Local) o equipo SENIOR disputase na VOLTA da eliminatoria, a clasificación á seguinte rolda na competición de COPA; o partido de IDA, cun 2-2 no marcador final deixou moi aberta a eliminatoria...Sorte rapaces!!
--------------------------------------------
Paridos amigables Sábado 9/05/2009:
Equipo BENXAMÍN
Pav.Piringalla, 17:00h
vs. MªAuxiliadora (ALV)
-------------------------
Equipo ALEVÍN
Pav. Piringalla, 18:00h
vs. Mª Auxiliadora (INF)