Fantástico foi o día disfrutado en Lourenzá, e Fantástico foi o papel dos nosos equipos no Campionato Provincial de Fútbol Sala.
Sobresainte era xa chegar ata aquí, e sobresaíntes foron a ilusión e as gañas que ata o derradeiro momento os nosos xogadores derrocharon no campo, pero tamén sobresaínte foron o comportamento e o exemplo que os equipos e a nosa incansable e animosa afición tiveron nesta xornada. Os nosos xogadores vironse en todo momento arroupados polos ánimos e folgos da "marea naranxa". Noraboa a todos e todas polo maravilloso exemplo que demos. Noraboa!
CRÓNICA DOS PARTIDOS
SÁBADO 8/MAIO/2010
PAVILLÓN DE LOURENZÁ
CAMPIONATO PROVINCIAL12:00h__SEMIFINAL BNXLUMIEIRA LUGO BNX 2 - 0 AZKAR PRONE
Partido díficil e moi duro ante un rival moi ordeado, e aínda que non nos puso en demasiados problemas, costounos bastante facer o noso habitual xogo e abrir o marcador ata mediada a segunda mitade.Goles: Adri R (1) e Iván (1).CAMPIONATO PROVINCIAL13:00h__SEMIFINAL ALVLUMIEIRA LUGO ALV 3 - 7 ED CHANTADA
Partido no que lamentablemente nos vimos sorprendidos polo xogo moi físico do rival que non desperdiciou as súas ocasións de gol baseadas nun xogo directo, pero moi efectivo. Nós estivemos atenazados e non desenvolvimos o noso millor xogo e o rival aproveitouno.Goles: Juanjo(1), Adri V.(1) e Ali(1).CAMPIONATO PROVINCIAL17:00h__3ºe 4º POSTO ALVLUMIEIRA LUGO ALV 0 - 4 AZKAR PRONE
Moi cansos do esforzo realizado pola mañá e moi por baixo do noso nivel,o partido levamolo moi costa arriba, cunha loita e coraxe dignos de mencionar e alabar. Maravillosa a tempada realizada de toda a plantilla. Noraboa!.CAMPIONATO PROVINCIAL18:00h__FINAL BNXLUMIEIRA LUGO BNX 1 - 1 SANTIAGO DE FOZPENALTIS [1-2]
Partido moi díficil no que nos adiantamos cedo no marcador pero co empate e co respeto mutuo o xogo estivo moi marcado polas defensas que anularon os ataques en todo momento. Chegaron os penaltis e aínda coa destacada actuación do noso porteiro Jacobo Mulet que parou 4 tiros, o noso cansancio e nerviosismo fixonos errar ata 5 penas máximas. Unha magoa pero Noraboa de tódolos xeitos pola tempada realizada...e quizais aínda non finalizada...Goles: Iván (1)
Desde Karely Mascotas muchas gracias por la felicitacion y deciros que tambien esperamos que os vaya muy bien las cosas.
ResponderEliminarNosotros tambien lamentamos lo ocurrido al final del partido y mas en especial que haya pasado con vosotros.
Pedir tambien disculpas de parte de todo el equipo y que espero volvamos a echar algun que otro partido ya que siempre es un placer jugar con vosotros, pese a q nos hagais correr demasiado.. jeje. Un saludo y q os vaya muy bien en serio.
Vila