domingo, 30 de mayo de 2010

DERRADEIRA E FÁNTASTICA XORNADA

Este fin de semana rematou outra exitosa tempada da Escola de Futbol Sala da ADC LUMIEIRA LUGO, o venres 28 de maio cos últimos adestramentos e o sábado 29 de maio co derradeiro e apaixonante partido aprazado do noso equipo máis novato.
RESULTADOS e BREVE CRÓNICA
LUMIEIRA ATLÉTICO BNX 3 - 5 DIVINO MAESTRO
Sábado, 29/V/2010, Palomar
O último partido, como non podía ser doutro xeito, foi unha demostración máis, do impresionante traballo, esforzo e ilusión que fixeron para mellorar os xogadores do noso equipo ó longo de toda a tempada. Cun xogo sen complexos ante un bo e máis corpulento equipo, fixemos as delicias da afición que vibrou co derroche de gañas, acerto e concentración de todos. Noraboa! ...pero queda moito por traballar!
Goles: Carlos (1), Hugo(1) e Gonzalo (1)
..
Pero a tempada 2009-2010 non queda aquí ...
... e aínda quedan...
- Adestramentos de F-7[bnx+alv] (mércores 2 e 9 de xuño) no Polvorín,
- CORRE CON NÓS [bnx+alv](Domingo 6 de xuño),
- Torneo do Polvorín de F-7[bnx+alv] (domingo 13 de xuño)
....e como non...
- XORNADA DE CLAUSURA [bnx+alv+snr] [partidos e merendola] o venres 11 de xuño.
..
Os equipos senior aínda seguen competindo e teñen encontros por desputar.
LUMIEIRA ATLÉTICO SNR
COPA: Eliminado (2-8) vs. 24h Tchaikowsky (venres, 28 de maio)
LIGA: Partido pendente vs. 24h Tchaikowsky (sen data aínda)
LUMIEIRA LUGO SNR
COPA: vs. BAR SAXO (luns 31 de maio,21:00h)
LIGA: Partido pendente vs. ELECTRICIDAD REGO (mércores 2 xuño,21:00h)
LIGA: Partido pendente vs. ASOGAL (sen data aínda)

No hay comentarios:

Publicar un comentario