ADRIÁN RODRÍGUEZ MOSTEIRÍN
participará no Campionato de España de Fútbol Sala coa Selección Galega, o próximo fin de semana 9, 10 e 11 de abril'10, que se vai celebrar en Málaga.

ADRIÁN foi seleccionado despois das súas boas actuacións nesta tempada, destacando sobre todo a súa humildade, compañerismo e gañas por mellorar. Noraboa!
Dende a ADC LUMIEIRA LUGO desexámoslle moita sorte, que disfrute a tope e que se divirta todo o que poida!
Moita sorte desexámoslle tamén a tódolos xogadores lucenses e galegos en xeral que formarán os combinados autonómicos benxamín, alevín, infantil e cadete.
No hay comentarios:
Publicar un comentario