domingo, 17 de enero de 2010

FIN DE SEMANA MOVIDO (15-16 XAN)

Resultados dispares nos encontros desta fin de semana co denominador común das gañas e ilusión de todos, incluída a exitosa carreira do CORRE CON NÓS

RESULTADOS ENCONTROS DE FÚTBOL SALA
SÁBADO 16/XAN/2010

LUMIEIRA ATLÉTICO BNX 2 - 5 DIVINA PASTORA
Pav. Piringalla, 13:00h
Co ano novo chegaron por fin os primeiros e merecidos goles, que viñeron acompañados de outro escalón máis na mellora grupal e individual. Queda moito por traballar.
Goles: Carlos (1 gol) e Alejandro (1 gol)


LUMIEIRA LUGO BNX 19 - 0 ANPA ANEXA
Pav. Piringalla, 12:00h
Partido moi serio de todo os xogadores ante un equipo rival menos experimentado, aínda que moi loitador. Cabe destacar a concentración e seriedade de todos, moi necesaria nos futuros e esixentes encontros.
Goles: Iago (1gol), Samuel (1gol), Javi (1gol), Adri Teijeiro (3 goles), Adri Rodríguez (5 goles), Iván (8 goles)



LUMIEIRA LUGO ALV 1 - 4 AZKAR FUNDACIÓN
Pav. Piringalla, 10:00h
Primeira derrota do equipo, aínda que enganosa no marcador.
Erros puntuais nosos, o campo esvaradío e a falta de tino, fixeron que o marcador non reflexase a loita,concentración e numerosas ocasións que tivemos durante todo o partidoante un equipo rival moi bon e efectivo.
Goles: David (1gol)

LUMIEIRA ATLÉTICO ALV 2 - 5 A PONTE
Pav. Piringalla, 09:00h
Esta vez non nos sentou ben madrugar.
Aínda que non se pode decir que estabamos durmidos, porque a loita e concentroción foi alta, a técnica individual do equipo rival marcou a diferencia, xa que o xogo e posesión foi practicamente nosa. A seguir traballando así que os froitos chegarán!
Goles: Rubén(1gol) e Yago(1gol)

PARTIDO VENRES 15/XAN/2010

LUMIEIRA ATLÉTICO SNR 5 - 4 PUB RUADA
Pav. Palomar, 21:00h
Outro partido taquicárdico, no que cando quedaban 7 minutos íamos perdendo 2-4, e no que coa paciencia levamos froito;
90% de posesión, innumerables ocasións erradas, erros infantís atrás ben aproveitadas polo equipo rival, fases de moi bon xogo...en fin partido moi bonito de cara ó espectáculo, pero no que temos que correxir moitas cousas.
Goles: Adri Exp. (2 goles) Torito (1 gol) Adri Barrera(1gol), Dani (1gol)


--------------------------------------------

CORRE CON NÓS

3ªCARREIRA
"NOCTURNA DE REIS"
Praza da Horta do Seminario
Numerosa, fantástica e exitosa a actuación dos/as deportistas da ADC LUMIEIRA LUGO na 3ª carreira do CORRE CON NÓS.
Un total de 30 participantes do noso clube corrimos o sábado nunha carreira co susto do camión de bombeiros incluído; os organizadores víronse desbordados pola grande cantidade de persoas que saturaron nalgún intre a organización do evento.
O debutante Adrián Román (irmán de David) gañou a carreira na Categoría CNoraboa Campión!!
Os participantes foron:
Categoría MINI: María e Mateo Villamor, Ismael Cruz, Mario Pena, Sergio Roibas, Ana Castiñeira, Pablo Reigosa, Sergio Roibás,
Categoría A: Patricia Mulet, Adrián Teijeiro, Javi Reigosa, Iago Castiñerira, Hugo Aguilera, Ismael Roibás, Gonzalo Freire,
Categoría B: Jacobo Mulet, Samuel Monín, Iván Navia, Juanjo Traseira, Jano Quiroga, Adrián Varela, Samu Pena, Carlos Pérez, Germán Aguilera, Pablo Jul, Pablo Viña, Yago Núñez, Rubén Cruz, Javi Villamor. Categoría C: Adrián Román.
Categoría C: Adrián Román.

No hay comentarios:

Publicar un comentario