domingo, 13 de diciembre de 2009

RESULTADOS do SÁBADO 12 de NADAL

Este frío sábado 12/DEC/2009 con encontros de só tres dos seis equipos, tivemos sorte dispar en resultados, pero a ilusión, traballo e compromiso dos tres equipos foi total.

RESULTADOS E BREVE CRÓNICA


LUMIEIRA ATLÉTICO ALV 0 - 9 AZKAR PRONE
Pav.Men. Pelaio, 10:00h
Pese ao abultado do marcador, demos a cara en todo momento ante un moi bon e serio equipo rival. O compromiso de todos fixo, agás en errores puntuais, que xogaramos un encontro moi serio e ordeado, nunha liña de mellora que é de felicitar.


LUMIEIRA ATLÉTICO BNX 0 - 9 AZKAR FUNDACIÓN
Pav. Men.Pelaio, 11:00h
Pese a abultada derrota contra un equipo con máis experiencia, é moi ilusionate ver como os máis pequenos van millorando día a día, e sempre cunha ilusión e gañas por CRECER que fan que os avances vaian en todo momento cara adiante. Ánimo e a seguir traballando.

LUMIEIRA LUGO BNX 5 - 4 ROSALÍA 2000
Pav.Palomar, 13:00h
Non era o noso día; pases, controis, nervos e erros incomprensibles... todo semellaba que nos saía mal, parecía imposible gañar...pero non faltou en ningún momento o compromiso, as gañas, a loita e a ilusión e coa base de ese traballo dimos remontado no derradeiro minuto un encontro no que sempre fumos por debaixo no marcador. Noraboa polo tesón!



No hay comentarios:

Publicar un comentario