domingo, 15 de noviembre de 2009

SORTE DISPAR NUN SÁBADO INTENSO

Este intenso sábado 14/NOV/2009 tivemos sorte dispar nos encontros das diferentes categorías.

RESULTADOS E CRÓNICAS


LUMIEIRA LUGO BNX 8 - 2 SALESIANOS 2000
Sábado 14/NOV/2009, Pav. Men. Pelaio, 10:00h
Partido moi serio contra un batallador equipo rival, no que de cara ao futuro, a mellora na orde defensiva foi o máis positivo xunto coa efectividade de cara a portería rival; aínda sí queda moito traballo para seguir mellorando.
Goles:Adrián R (4), Javi (2), Iván e Iago


LUMIEIRA ATLÉTICO BNX 0 - 4 ROSALÍA 2001
Sábado 14/NOV/2009, Pav. Men.Pelaio, 13:00h
Moita melloría foi a amosada polos máis pequenos contra un equipo moi rápido e vivo; aínda así seguimos sen ter sorte xa que entre lesionados e enfermemos (esta vez Alejandro, Hugo e Javi) sempre estamos mermados.



LUMIEIRA LUGO ALV 14 - 1 ALBEIROS
Sábado 14/NOV/2009,Pav. Men.Pelaio, 12:00h
Partido moi desigual no que ante un equipo rival moi animoso pero con moita diferencia de experiencia soubemos traballar aspectos que de cara ao futuro nos virá moi ben; moi positiva foi a concentración en todo momento sen relaxarnos pese a diferencia.
Goles: David (7), Juanjo(2), Germán, Carlos, Ali, Samu e Adrián

LUMIEIRA ATLÉTICO ALV 1 - 2 FRANCISCANOS
Sábado 14/NOV/2009,Pav. Municipal, 11:00h
Partido moi diferenciado entre a 1ª e a 2ª metade; na 1ªparte totalmente durmidos, sen ritmo nin tensión o ordeado equipo rival soubo aproveitar a nosa actitude para adiantarse 0-2;na 2ª todo mudou e realmente concentrados, sacamos o mellor de nós merecendo máis do que conseguimos.
Goles: Pablo Valcarce.



LUMIEIRA ATLÉTICO SNR 8 - 7 ASOC.GITANA
Sábado 14/NOV/2009,Pav. Palomar, 19:00h
Partido de tolos no que a moneda cae do noso lado no intercambio de golpes, pero no que foi horrendo de cara ao traballo realizado ata agora de seriedade e concentración; o único salientable as gañas e paixón ata o final de todo o equipo.
Goles: Óscar(3), Adrián Exp.(2), Adrián Barr., Pablo e Choury


LUMIEIRA LUGO SNR 6 - 4 RABADE F.S.
Lúns 16/NOV/2009, Pav.Palomar, 21:00h

A sorte segue esquivando ao noso equipo e cun partido moi ben xogado, cun rosario de oportunidades e ocasións incomprensiblemente erradas, volvemos a perder a oportunidade de inagurar o noso casilleiro de puntos. Animo rapaces e a seguir traballando.
Goles: Diego (4)

No hay comentarios:

Publicar un comentario