lunes, 30 de noviembre de 2009

O SÁBADO 28 DE NOVEMBRO DEU MOITO DE SÍ !

Este sábado 28/nov/09 tivemos de todo, 2 victorias contundentes, 1 victoria con mal xogo, 1 derrota con bó xogo, 1 empate no derradeiro minuto e ata un partido suspendido; a verdade e que deu moito de sí este chuvioso sábado.

RESULTADOS e BREVE CRÓNICA

LUMIEIRA LUGO BNX 11 - 0 FRANCISCANOS
Pav.Menendez Pelaio, 10:00h
Partido moi serio de todo o equipo que non deu opción ao moi novo equipo rival. Foi de destacar e para felicitar o traballo serio de todos en tódalas posicións, con cousiñas a traballar para seguir mellorando.
Goles: Samu (1), Iago(2), Iván(2), Adrián Teij(2) e Adri R.(4)

--------------------------------------------------------------

LUMIEIRA ATLÉTICO BNX 0 - 3 SALESIANOS
Pav.Menendez Pelaio, 13:00h
Un peldaño máis na mellora dos máis novos; con un chisco de sorte poderíamos marcar algun gol, pero siguesenos resistindo!. Aínda así noraboa a todos pola actitude de entrega e concentración. Ese é o camiño
.
--------------------------------------------------------
LUMIEIRA LUGO ALV 3 - 0 ROSALÍA
Pav.Menendez Pelaio, 12:00h
Partido non ben xogado, con constantes erros e falta de intensidade pola nosa parte. Pese a que non tivemos moitos problemas defensivos , no aspecto de construción do xogo fomos moi lentos e carentes de ritmo. Moito que mellorar de cara aos encontros de máis exixencia.
Goles: David(2) e Adri R.(1)

-------------------------------------------------------

LUMIEIRA ATLÉTICO ALV 9 - 1 LUIS PIMENTEL
Pav.Menendez Pelaio, 11:00h
Partido que comenzamos (como é habitual) un pouco durmidos, pero que encamiñamos a base de seriedade e traballo en equipo. Destacar a concentración defensiva e a finalización das xogadas colectivas.
Goles: Yago(2), Cris(1), Rubén(2), Javi(2) e Guillermo(2)

--------------------------------------------------------------
LUMIEIRA ATLÉTICO SNR 4 - 4 TAP. ANDREA
Pav.Palomar, 20:00h
Non podemos perdoar. Cunha primeira parte carente de ritmo chegamos ó descanso con 1-1; na segunda mitade xa metidos un pouco máis no partido nos pusimos 4-1 sen moitas dificultades, e pasamos a errar unha cantidade innumerable de ocasións...que nos pasaron factura. Cuns nervios inocentes e 3 erros garrafales do noso porteiro o equipo rival veuse arriba e empatou no derradeiro minuto. Esta vez a sorte nos foi esquiva...quizais por compensar.
Goles: Pernas (2), Dani(1) e Adri B(1)


---------------------------------------------------------------

LUMIEIRA LUGO SNR- - - Bar Cruz RÁBADE
Pav.Palomar, 23:00h
PARTIDO SUSPENDIDO polas inclemencias metereolóxicas que fixeron que non houbera luz eléctrica no recinto...outra vez será!!

---------------------------------------------------------------------
-------------------------------------------------
Esta SEMANA os nosos equipos SNR xogan ata un total de 3 encontros.

Os HORARIOS DOS ENCONTROS son:

LUMIEIRA LUGO SNR - TEMPOS MODERNOS
Luns,30/nov/2009, Pav Palomar, 21:00h


LUMIEIRA ATLÉTICO SNR - CATRO AMIGOS
Martes,1/dec/2009, Pav Palomar, 21:00h


LUMIEIRA LUGO SNR - C.P. BONXE
Xoves,3/dec/2009, Pav Palomar, 21:00h

No hay comentarios:

Publicar un comentario