miércoles, 4 de mayo de 2011

CAMPIONATO PROVINCIAL ALV 2011(A PONTENOVA)

Esta xornada aveciñase moi emocionante co CAMPIONATO PROVINCIAL ALEVÍN de fútbol sala, no que o noso equipo LUMIEIRA LUGO ALV clasificouse despois de un ano de moito traballo e sacrificio.

Dito evento celebrarase o Sábado 7 de Maio en "A Pontenova" e dende aquí invítovos e anímovos a tódol@s xogador@s   e familiares lumieira a acompañar e animar neste día aos compañeiros que cheos de gañas e ilusión disputarán esta competición en representación de toda a Escola de F.S. da ADC LUMIEIRA LUGO .
Horarios do Campionato Provincial Alevín
SEMIFINAL:13:00h: LUMIEIRA LUGO ALV - PONTENOVA
SEMIFINAL:12:00h: AZKAR LUGO - LOURENZÁ
 3º - 4º POSTO:17:00h
FINAL: 19:00h
ENTREGA DE PREMIOS: 20:00h
Moita Sorte, a seguir mellorando e a disfrutar!!!
 ------------------------------------------------------------------------------------
Por outra banda este sábado 7 de maio tamén hai a 7ª CARREIRA do CORRE CON NÓS.
Pola actividade a mesma hora en "A Pontenova" seremos poucos os que podamos ir; aínda así aquí está o enlace a páxina web da carreira coa información, horarios, etc... para os que queirades participar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario