domingo, 7 de marzo de 2010

SÁBADO 6 de MARZO...de PLENO!!

Este sábado 6 de marzo'10 tivemos un PLENO de victorias dos equipos que xogamos.

RESULTADOS E BREVE CRÓNICA
LUMIEIRA LUGO BENXAMÍN 6 - 2 AZKAR FUNDACIÓN
6/III/2010, Pavillón Piringalla, 10:00h
Encontro xogado de máis a menos, no que empezamos moi ben, cun gran xogo colectivo e unha gran concentración, marchando ao descanso cun 5-1 a favor ante un rival moi ben colocado; na segunda metade perdimos esa intensidade e fluidez.
Goles: Iván (1), Samu (1), Adri R.(1), Iago (1) e Marcos (2)


LUMIEIRA ATLÉTICO ALEVÍN 1 - 0 MILAGROSA
6/III/2010, Pavillón Menéndez Pelaio, 12:00h
Aínda que gañamos, cun golazo de Rubén, o encontro foi moi flouxo; non tivemos claridade de xogo e apáticos non soubemos sacar proveito das ocasións creadas; cabe destacar a actuación de Samuel que mantivo a chispa e a concentración no equipo.
Goles: Rubén (1)

LUMIEIRA LUGO ALEVÍN 6 - 1 PARADAI
6/III/2010, Pavillón Menéndez Pelaio, 13:00h
Encontro moi serio no que mantivemos unha grande concentración durante todo o partido. Soubemos combinar en equipo, manter a intensidade e definir as ocasión creadas ante un rocoso e duro conxunto rival.
Goles: Carlos (1), Juanjo(1), Ali(1), Adri(1) e David (2)

LUMIEIRA ATLÉTICO SENIOR 4 - 2 ASOC. GITANA
6/III/2010, Pavillón Palomar, 22:00h
Encontro xogado de menos a máis, cunha primeira metade horrorosa, sen concentración, con falta de intensidade e continuas imprecisións que nos levaron ao descanso con 0-2 en contra. Na segunda parte todo trocou e a base de xogar sinxelo e cun gran traballo de equipo conseguimos remontar.
Goles: Adri Barrera (1), Pablo (1), Choury (2)

LUMIEIRA ATLÉTICO SENIOR - AISLAM. LUGO
8/III/2010, Pavillón Palomar, 22:00h
Encontro por xogar…

No hay comentarios:

Publicar un comentario