lunes, 8 de febrero de 2010

XORNADA MOI POSITIVA (6 FEB’10)

Este sábado 6/FEB/2010 foi moi unha xornada moi positiva de cara á progresión e mellora de todolos equipos e xogadores. Unha derrota e tres victorias é o saldo en resultados, pero…
Catro bós, serios e intensos encontros son o resultado realmente salientable.


RESULTADOS E BREVE CRÓNICA
SÁBADO 6/FEBREIRO/2010


LUMIEIRA ATLÉTICO BNX 2 - 5 DIVINA PASTORA
Pav. Menéndez Pelaio, 09:00h
Non nos veu moi ben madrugar, e comenzamos así o encontro un pouco dormidos en canto a intensidade; na segunda mitade despertamos, e conseguimos 2 novos goles, pero aínda así non chegou para conseguir a soñada primeira victoria.
Goles: Ismael(1), Carlos(1)


LUMIEIRA LUGO BNX 4 - 2 SALESIANOS
Pav. Menéndez Pelaio, 10:00h
Aínda que non xogamos un moi bon partido en canto a precisión e fluidez, mantivemos a orde e a concentración defensiva, e incluso comezando perdendo, soubemos loitar en impoñernos ante un rival moi rápido e habilidoso.
Goles: Iván(2), Adri R.(1), Adri Teijeiro(1)


LUMIEIRA LUGO ALV 5 - 1 CIDADE DE LUGO
Pav. Menéndez Pelaio, 11:00h
Partido moi completo de todos os xogadores, destacando ao goleador David e aos benxamíns (que polas baixas) nos botaron unha boa man.
Na primeira mitade a base de concentración, xogo rapido e boa definición non lle dimos opción ningunha ao bo equipo rival, e cun 5-0 marchamos ao descanso. Na segunda mitade baixamos demasiado o ritmo, pero a lo menos defensivamente mantivemos a orde.
Goles: David(4), Iván.(1)

LUMIEIRA ATLÉTICO ALV 4 - 1 FRANCISCANOS
Pav. Menéndez Pelaio, 12:00h
Partido moi, moi intenso, no que cun gran xogo colectivo, tanto defensivo como ofensivo, demos unha moi boa sensación de intensidade e gañas, que sumado á precisión no xogo, fixeron un encontro realmente atractivo contra un ordenado rival que non baixou en ningún intre os brazos. Noraboa e a seguir nesta liña.
Goles: Rubén(2), Yago(1), P.Viña(1)

No hay comentarios:

Publicar un comentario