domingo, 21 de febrero de 2010

FIN DE SEMANA (20-21/FEB’10) MOI POSITIVA

Esta fin de semana foi moi positiva en canto á progresión dos nosos equipos, á fabulosa participación no “Corre con Nós” e por suposto pola ilusión e gañas amosadas por todos.
RESULTADOS E BREVE CRÓNICA
SÁBADO 20/FEBR/2010
LUMIEIRA ATLÉTICO BNX 2 - 1 SALESIANOSPavillón Menéndez Pelaio, 10:00h
POR FIN CHEGOU A PRIMEIRA VICTORIA!!Nun vibrante e igualado encontro, mantivemos a concentración durante os 40 minutos, cunha orde exemplar e un derroche de gañas fabuloso. A definición chegou na segunda mitade con 2 golazos do noso capitán.Noraboa!! Un paso máis na mellora pero aínda quedan moitos…
Goles: Carlos L.(2)

LUMIEIRA ATLÉTICO ALV 2 - 3 A PONTE “B”
Pavillón Menéndez Pelaio, 12:00h
Non era o noso día, imprecisóns continuas, despistes puntuais…Aínda así sempre levamos o mando do encontro, e marcamos o ritmo, pero 5 minutos fatídicos mezcla de mala sorte e desconcentración nos levaron a encaixar 3 goles; intentamos remontar ata o derradeiro segundo, pero…non era o día.
Goles: Rubén(1) e Iván (1)

LUMIEIRA LUGO SNR 3 - 2 P.PORTA SANTIAGO
Pavillón Palomar, 20:00hFantástico encontro o desputado polos maiores ante o vixente campión de Liga; soubemos xogar coa mezcla perfecta de calma e tensión, cunha orde defensiva moi boa e unha intensidade loable. Sen desanimarnos ante os dous goles desafortunados encaixados, loitamos ata o final sen decaer en ningún intre.
Goles: Rubén(1), Manolo(1) e Alberto(1)


LUMIEIRA ATLÉTICO SNR 6 - 2 A.J.M.
Pavillón Palomar, 22:00h
Partido moi plácido ante un rival que se veu desbordado en todo momento pola nosa intensidade e acerto de cara á portería contraria. Destacar a confianza recuperada despois do derradeiro e tumultuoso encontro.
Goles: Dani(2), Manolo(1) e Barreiro(3)

--------------------------------------------------------
DOMINGO, 21/FEBR/2010
CORRE CON NÓS

4ªCARREIRA
INFANTA ELENA
Fantástica actuación de todos os/as valentes que nunha maña chuviosa e fría participaron con moitísimas gañas e pundonor nesta 4ª carreira do circuito CORRE CON NÓS.
En total participamos 21 valentes.
Cabe destacar o 2º posto de Adrián Román enCategoría C , que amosou a súa valía. NORABOA!!
Os participantes fumos:
CAT. MINI: María e Mateo Villamar, Ismael Cruz, Sergio Roibás, Ana Castiñeira e Pablo Reigosa.
CAT. A: Jacobo Rothard, Ismael Roibás, Iago Castiñeira, Adrián Teijeiro e Javi Reigosa
CAT. B: Iván Navia, Samuel Monín, Pablo Jul, Yago Núñez, Javi Villamor, Rubén Cruz, Jano Quiroga e Carlos Pérez
CAT. C: Adrián Román
CAT. H: Choury

No hay comentarios:

Publicar un comentario